Case 2000 estudantes participan cada ano nos programas de mobilidade de acollida ou saída. Ao abeiro do Programa Erasmus asináronse máis dun milleiro de acordos de intercambio con case 500 universidades de diversos países europeos.
Polonia e Italia son os principais países de destino dos erasmus da USC e Italia e República Checa os principais países de orixe dos estudantes de chegada.
Ademais do Programa Erasmus, os Programas Bilaterais con países de fóra da Unión Europea, de mobilidade SICUE/SÉNECA, prácticas, doutoramento e outros complementan a oferta de mobilidade.
Programa Erasmus [2023]
Programas Bilaterais [2023]
Programas SICUE - SÉNECA [2023]
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º de acordos de intercambio ERASMUS asinados | 1.661 | 1.882 | 1.930 | 1.066 | 1.105 | 1.054 | 1.072 | 1.159 | 1.142 | 1.360 | 1.356 | 1.238 | 1.189 |
N.º de universidades en convenios ERASMUS | 425 | 432 | 472 | 447 | 419 | 447 | 433 | 476 | 453 | 510 | 447 | 441 | 436 |
N.º de países europeos con convenios ERASMUS | 29 | 28 | 30 | 30 | 29 | 28 | 32 | 31 | 31 | 31 | 32 | 32 | 32 |
N.º de estudantes ERASMUS enviados/as | 758 | 597 | 617 | 507 | 350 | 406 | 406 | 435 | 500 | 490 | 263 | 489 | 515 |
% de mulleres entre o estudantado ERASMUS enviado | 62,27% | 62,30% | 64,80% | 58,60% | 62,00% | 61,50% | 61,33% | 66,44% | 62,20% | 65,10% | 56,70% | 66,50% | 68,54% |
N.º de estudantes ERASMUS recibidos/as | 750 | 669 | 541 | 495 | 431 | 369 | 381 | 368 | 338 | 306 | 135 | 317 | 308 |
% de mulleres entre o estudantado ERASMUS recibido | 76,67% | 74,70% | 75,90% | 73,73% | 67,74% | 66,90% | 73,50% | 74,20% | 68,90% | 73,50% | 68,80% | 72,20% | 72,70% |
Matrícula de estudantes estranxeiros/as no CLM | 923 | 1.076 | 936 | 691 | 576 | 455 | 586 | 546 | 461 | 437 | 214 | 357 | |
N.º de matrículas en cursos de idiomas | 2.205 | 2.765 | 2.710 | 2.419 | 2.326 | 1.861 | 1.934 | 1.689 | 1.290 | 1.131 | 775 | 984 |