Ir o contido principal

Vicerreitoría de Política Científica

Pilar Bermejo Barrera

Pilar Bermejo Barrera

Breve currículum vítae

Pilar Bermejo Barrera (Santiago de Compostela,1956), é Catedrática de Química Analítica dende o ano 1991 no Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía na Facultade de Química. En 1978 licenciouse en Química na USC, con Premio Extraordinario de Licenciatura, e doutorouse na mesma universidade en 1981. Realizou  a súa formación postdoutoral na University of Plymouth, Reino Unido. Foi profesora nas Facultade de Química e de Farmacia e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

Coordinadora do grupo de investigación, GETEE, Grupo de Elementos Traza, Espectroscopia e Especiación. A súa actividade investigadora centrase no desenvolvemento de métodos analíticos para o estudo da Especiación e Biodisponilidade de Elementos Traza en todo tipo de mostras. Outras liñas relevantes son as relacionadas con estudos sobre Metalómica e Metaloproteómica, e sobre Nanometroloxía Analítica e Nanotecnoloxía. Ten publicado mais de 350 artigos de investigación científica, 28 capítulos de libros internacionais, e monografías sobre Química Analítica. Directora de 40 Teses de doutoramento, coordinou numerosos proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional, así como diferentes contratos de investigación con entidades públicas e privadas.

Membro de Sociedades Científicas de ámbito nacional: RSEQ, SEQA, SEA, SEQC e internacionais como a RSC, ACS e a FESTEM. Membro do Comité Editorial de varias revistas internacionais, axencias de avaliación e acreditación como ANEP, ANECA, MICINN, ENAC, RESEARCH COUNCIL OF NORWAY, FONDECYT entre outras.

Foi Vicedecana da Facultade de Química no período 1989 -1996. Durante este período foi coordinadora do programa piloto ECTS de Erasmus na área de Química, da rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e do programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme). Entre  1998 e 2006 foi  Directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía. Decana da Facultade de Química entre 2014 – 2022, e Presidenta da Conferencia Española de Decanos de Química. No ano 2018 ingresou como académica de número na Real Academia Galega de Ciencias.

Persoal

Secretaria de Dirección

María Sonia Abelenda Pensado

Teléfonos
881 811 002
Email
vr.cientifica@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.