Ir o contido principal

Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación

Gumersindo Feijoo Costa

Gumersindo Feijoo Costa

Breve currículum vítae

Nado en Cambados (Pontevedra) en 1967. Licenciado en Química (na especialidade de Química Industrial) en 1990 pola Facultade de Química da USC. En 1994 acadou o grao de Doutor pola USC na Área de Enxeñaría Química, data en que comezou a súa carreira académica, ocupando diferentes categorías docentes nos campus de Santiago e Lugo (axudante de Escola Universitaria, axudante de Universidade e profesor titular) para acceder, finalmente, ao Corpo de Catedráticos de Universidade no ano 2008.

Participou en 16 proxectos de investigación europeos, dúas accións integradas con Alemaña e Israel, 14 proxectos de I+D do MINECO, nove proxectos de I+D financiados pola Xunta de Galicia e 27 contratos de investigación con diversas empresas.

No eido da xestión foi secretario da Titulación Propia da USC en Enxeñaría Ambiental (2000-2005), coordinador do Máster Oficial en Enxeñaría Ambiental da USC (2005-2008), coordinador da Rede Temática Nacional de Análise de Ciclo de Vida (2002-2012), director do Departamento de Enxeñaría Química (2008-2017), coordinador do Grao en Enxeñaría Química (2014-2018) e presidente da Conferencia Española de Directores e Decanos de Enxeñaría Química desde 2017. Participou na Acreditación Internacional da titulación de Enxeñaría Química (2010 e 2013) e do Grao e Máster en Enxeñaría Química (2018).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2024.