Ir o contido principal

Vídeos

Vídeos

Punto Cero

 

Valente en recital políglota

O poeta e director da Cátedra Valente, Claudio Rodríguez Fer, le poemas orixinais de Valente en castelán e galego, alternando coa tradución dos mesmos a dezaoito linguas a cargo de valentistas diversos.

 

Valente epistolar

Correspondencia de José Ángel Valente coas súas amizades a cargo de especialistas diversos na obra do poeta.

 

Cátedra Valente. XX Aniversario (2000-2020)

Memoria conmemorativa da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética. Presentación a cargo de Claudio Rodríguez Fer, poeta e director da Cátedra Valente.

 

Presentación da exposición "Valente e a unidade das artes"

Presentación da exposición "Valente e a unidade das artes" organizada pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, Pazo de Fonseca, USC, 2019-2020. Comisario: Claudio Rodríguez Fer, poeta e director da Cátedra Valente.

 

Centenario de Luz Pozo Garza na Cátedra Valente

Conmemoración na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética do centenario da poeta Luz Pozo Garza, cantora de Valente, en 2022.

Punto Cero

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2023.