Ir o contido principal

A Cátedra Institucional Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, creada no ano 2024, procura constituírse nun referente da investigación académica e difusión social da obra e da figura da escritora compostelá, así como de aspectos relacionados co seu momento histórico e con liñas de investigación de relevancia para o afondamento do saber sobre a súa obra. 

A Cátedra Rosalía de Castro, que conta co auspicio da Xunta e do Parlamento, quere asemade promover a integración da investigación rosaliana realizada en Galicia, na Península e no espazo global.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2025.