
A Cátedra quere ser un referente da investigación académica e difusión social da obra e da figura da escritora compostelá, así como de aspectos relacionados co seu momento histórico e con liñas de investigación de relevancia para o afondamento do saber sobre a súa obra.
A Cátedra Rosalía de Castro, que conta co auspicio da Xunta e do Parlamento, quere asemade promover a integración da investigación rosaliana realizada en Galicia, na Península e no espazo global.
Membros
- Fernando Cabo Aseguinolaza
- María do Cebreiro Rábade Villar
- María Crespo Cutín (2025)
- Fátima Piñeiro Torres (2025)