Ir o contido principal

Museo de Historia Natural

En outubro de 2024, o Museo de Historia Natural da USC cumprirá 10 anos na súa actual localización no Parque Vista Alegre de Santiago. A súa orixe como Gabinete de Historia Natural remóntase ao século XVIII, aínda que a súa creación oficial fixase no curso 1840-41, coa primeira cátedra de Historia Natural da USC. O Gabinete transfórmase en Museo en 1906, na Facultade de Xeografía e Historia. En 1960 trasládase á Facultade de Química, e en 2014 abre as súas portas no Parque Vista Alegre.

Fotografía do Museo

Obxectivos

A riqueza e diversidade das coleccións que alberga o Museo de Historia Natural da USC, co seu enorme valor científico, histórico e didáctico, é froito do traballo e xenerosidade de científicos e coleccionistas dos séculos XIX, XX e XXI, moitos de eles galegos. Na celebración do 10º aniversario do Museo no actual edificio, queremos aumentar a súa visibilidade o poñer en valor os seus fondos mediante unha serie de charlas-coloquio, abertas ao público, con persoas fondamente ligadas ao Museo, porque traballaron nel, porque estudaron a súa historia ou porque fan uso del na súa práctica científica. Asemade, farase unha exposición sobre a súa historia e as actividades desenvolvidas nestes derradeiros anos. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2024.