A Aula de Teatro da USC iniciou a súa andaina no ano 1990 como espazo de formación e produción teatral, diversificando a súa programación en cinco epígrafes fundamentais:
- Compañías de teatro da Universidade
- Escola de Teatro
- Festival Internacional de Teatro Universitario
- Mostra de Teatro Universitario de Galicia
- Programa de apoio ás compañías de teatro da USC
Para levar adiante o seu programa, a Aula de Teatro conta cun espazo no Campus de Compostela onde centraliza a súa programación –a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño- e outro onde as compañías independentes desenvolven os seus ensaios -Sala Luísa Cuesta-. Asimesmo, existe un fondo de préstamo de vestiario, atrezzo e escenografía ao dispor das compañías universitarias. No Campus de Lugo conta, tamén, cunha sala propia de ensaios.
No ano 2019, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeulle o premio de honra Marisa Soto, que foi recollido na gala dos Premios María Casares celebrada o día 21 de marzo do mesmo ano no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Nesta ligazón tes unha información máis ampla das actividades da Aula de teatro: https://auladeteatrodausc.com/
Equipo de Coordinación USCénica 2020
PROGRAMACIÓN: Roberto Salgueiro
XESTIÓN DE PRODUCIÓN: Área de Cultura
ASISTENCIA TÉCNICA: RTA
DESEÑO IMAXE: Mass Media
REDES SOCIAIS: Miguel Gendre
COORDINADORES DE SALA: Diego Rodríguez, Breo Vila, Manuel Fernández (escola de teatro da USC)
Compañías
Programa de formación teatral (cursos recoñecidos con créditos)
ESCOLA DE TEATRO. Campus de Compostela
INFORMACIÓN 2020-21 PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN
CAMPUS DE LUGO
PROGRAMA DE FORMACIÓN TEATRAL. Campus de Lugo
INFORMACIÓN 2020-21 PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN