Ir o contido principal

Orientación Laboral

Planificación e desenvolvemento de accións  de información, orientación laboral e busca activa de emprego. A súa finalidade é a de mellorar as opcións de ocupabilidade  e o proceso de integración laboral dos titulados universitarios, contribuíndo a facilitarlles a transición do sistema educativo á vida laboral.

  • Orientación Laboral: orientación e asesoramento personalizado coa finalidade de mellorar a empregabilidade de estudantes de últimos cursos e estudantes xa graduados. Entrevistas de orientación. Xestión do Proxecto Mentoring.
  • Información profesional: Facilitación de información e recursos sobre o ámbito laboral e a mellora da empregabilidade, dirixida a estudantes, titulados e usuarios en xeral do servizo.


  • Formación para a empregabilidade: Programación de actividades formativas de desenvolvemento de habilidades e competencias transversais. Recursos, técnicas e estratexias para a busca de emprego e o desempeño profesional.


  • Relación coas empresas: Difusión de ofertas de emprego e prácticas. Presentacións de empresas. Asesoramento ás empresas sobre perfís universitarios das distintas titulacións da USC. 


Contacto

Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos


Enderezo
Pavillón estudantil, 1º andar. Campus Vida 15782 Santiago de Compostela

Teléfonos
881 812 850
Email
orientacion.laboral.santiago@usc.es
Horario
De luns a venres de 9.00 a 14.00h

Edificio Biblioteca Intercentros

Enderezo
Campus Universitario 27002 Lugo
Teléfonos
982 823 562
Email
emprego.lugo@usc.es
Horario
De luns a venres de 9.00 a 14.00h
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2021.