Nace o Portal da Investigación da USC
Este novo espazo que facilita o acceso aos resultados froito do tecido investigador da Universidade, conforma un exercicio de transparencia ao tempo que mellora a visibilidade e o impacto da institución
Este novo espazo que facilita o acceso aos resultados froito do tecido investigador da Universidade, conforma un exercicio de transparencia ao tempo que mellora a visibilidade e o impacto da institución
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza no que toma parte o grupo HISTAGRA da USC pon en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais para, a través do aproveitamento sostible, lograr que os montes sexan menos proclives aos lumes e se transformen en espazos máis biodiversos e multifuncionais
O profesor de Educación Visual e Plástica na Facultade de Formación do Profesorado da USC investiga neste proxecto xunto con Juan Cidrás o medio cerámico e téxtil desde a perspectiva escultórica e pictórica
A construción en madeira estrutural constitúe un importante nicho de emprego que precisa de profesionais cualificados, sinala o catedrático da USC Manuel Guaita
O alumnado participante nesta sesión en liña procede principalmente de países coma Arxentina, Colombia, Ecuador, México e Perú
Ata o mes de xullo, tamén están abertas as prazas para examinarse de inglés, francés, alemán, italiano e portugués nas probas organizadas para os niveis B1 e B2; e en inglés, tamén no C1
O XXI Congreso Internacional SIPS 2021 abordará os días 28 e 29 de outubro, 4, 5 e 6 de novembro desde o centro universitario lugués o reto da transición ecolóxica e as respostas educativas á crise socioambiental
Ao abeiro do Programa Erasmus+, levouse a cabo a formación de persoal docente e investigador para a posta en marcha dun máster en Lingüística Computacional xa acreditado ante os gobernos casaco e uzbeko
O certame do Congreso Nacional de Medio Ambiente distingue produtos, servizos e modelos de negocio que apostan por reducir o impacto ambiental no seu ciclo de vida
A USC foi a universidade de maior participación en Galicia neste inicio de curso con preto de 800 doazóns altruístas que se engaden, tanto en Santiago como en Lugo, ás máis de 80.000 rexistradas nos últimos 27 anos, entre elas, a realizada este mércores polo reitor Antonio López
O certame conta tamén cunha modalidade específica para traballos académicos de curso de grao cuxo prazo de presentación de candidaturas remata o 31 de xullo de 2021
Publicada a proclamación definitiva de candidaturas electas de representantes do alumnado no Claustro Universitario, así como dos representantes de todos os sectores nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento e dos representantes de PDI, estudantes de doutoramento e PAS no Comité de Dirección da EDIUS
O secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro coñece nas facultades de ADE e Veterinaria necesidades específicas orientadas a mellorar a calidade da formación práctica do alumnado, tales como un laboratorio tecnolóxico e un centro de negocios ou novos modelos de simulación e experimentación animal
A compañía de teatro USC-Lugo estreará ‘A Empeadora’ na apertura dun certame financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural que terá como colofón un concerto de Verto. Unha sesión de marionetas con Marga Portomeñe e un taller e un relatorio sobre a palabra e o canto, a cargo de Vicente Fuentes, completan a programación
Este foro para o que é posible inscribirse de xeito anticipado ata o 15 de abril, desenvolverase en liña entre os días 7 e 9 de xullo
A iniciativa que chega á súa sexta edición está dotada con 6.000 euros, que estarán destinados a proxectos xornalísticos de novos e novas tituladas en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual