Resultados
Un equipo da USC faise co terceiro premio do Concurso de Modelización Matemática do Instituto de Matemática Interdisciplinar
Mateo Pérez, Inacio Suárez e Clara Senín, do grao de Matemáticas e do dobre grao Matemáticas e Física, tiveron que modelizar e deseñar unha célula solar
Obteñen modelos preditivos altamente precisos para diagnosticar a periodontite
A investigación, premiada recentemente no Congreso SESPO, empregou algoritmos de intelixencia artificial e supón un grande avance na odontoloxía personalizada e de precisión
Buscan sinerxías para mellorar a xestión e conservación da biodiversidade das praias
O POCTEP-IBERALEX, liderado pola USC, presta especial atención á problemática da Píllara das dunas, especie obxectivo deste proxecto
ADE fomenta a empregabilidade das persoas usuarias da Fundación Secretariado Xitano
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC desenvolve este proxecto de innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo no marco da materia Xestión de Persoas do grao en Empresa e Tecnoloxía
O catedrático Carlos Acuña Fariña, premiado pola Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos
Polo seu libro 'Syntactic Processing. An Overview', que aborda as principais teorías do procesamento sintáctico dos últimos 40 anos
O iMATUS afianza a relación co mundo empresarial galego na xornada do Día Mundial dos Materiais
O evento, no que se tenderon pontes entre a investigación e a industria, foi valorado cun promedio de satisfacción de 9 sobre 10 polas persoas representantes das firmas
Constatan a relevancia histórica da fosa do Val (Narón) tras o proceso de intervencións arqueolóxicas e forenses
O grupo HISTAGRA-CISPAC-USC traslada o luns os traballos de exhumación do Plan de memoria Democrática á fosa de Cabreira (Salvaterra do Miño)
Comunicación aprazamento IV Premios a TFM en Educación
Comunicación aprazamento IV Premios a TFM en Educación
Inundacións costeiras e modelos climáticos, dous novos proxectos europeos do grupo EqualSea Lab do CRETUS da USC
En concreto, cuantificarán o impacto das inundacións costeiras para desenvolver métodos fiables de avaliación preventiva e tentarán comprender as dinámicas do océano para mitigar os desafíos do clima
Máis de 350 especialistas de 35 países profundan nos últimos achados da química orgánica sintética na ECSOC28
A International Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry desenvólvese en liña ata o 30 de novembro e está organizada por Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, pertencentes ao grupo Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC
Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química conmemoran a festividade de Santo Alberte Magno
No acto institucional entregáronse os premios ‘A Ciencia en Imaxe’ e foron recoñecidos catro relatorios da XV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química
Veterinaria entrega os galardóns dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’
A comisión de normalización lingüística do centro tamén fomenta o uso da lingua propia da USC entre o seu estudantado a través da campaña ‘Cambia a túa mirada’ que se desenvolveu na rede social Instagram
Identifican un mecanismo clave que podería reducir a calcificación vascular en pacientes diabéticos
O estudo do CiMUS da USC, que suxire mellorar os niveis de pirofosfato, abriría a porta tamén á prevención e tratamento doutras patoloxías como a enfermidade renal crónica e certos síndromes de envellecemento prematuro
II Ciclo de formación online de Scopus
A FECYT e Elsevier organizan unhas xornadas de formación online da base de datos Scopus, que terán lugar entre o 25 de novembro e o 3 de decembro. As sesións serán en español e para inscribirse é necesario facelo co correo electrónico institucional
Entregadas as credenciais das bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra para estudantado de grao e mestrado
O edificio CACTUS do Campus de Lugo acolleu o acto que serve de colofón a catro meses nos que preto dunha trintena de estudantes se beneficiaron dunha convocatoria para dar pulo ás liñas de especialización da sede universitaria luguesa entre a mocidade investigadora