Rematou unha nova e exitosa edición do Verán CampUSC
O luns 9 de setembro concluíu o Verán CampUSC 2024 que comezou a súa andaina o pasado 24 de xuño. Pasaron polas actividades das súas cinco quendas 148 rapaces e rapazas de entre 4 e 13 anos, un éxito de participación que referenda outravolta a excelente acollida de anteriores edicións.