Ir o contido principal

'A dimensión internacional da ciencia'

100xCiencia.5

26.11.2021-27.11.2021 | 10.00h

Cidade da Cultura

O gran encontro científico da alianza SOMMa, a rede de Centros Severo Ochoa – Unidades María de Maeztu, “100 xCiencia.5: International dimension of science” celebrarase o 26 e 27 de novembro en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura.

100xCiencia.5
100xCiencia.5

A dimensión internacional da ciencia será o tema central deste encontro destinado a persoal investigador da rede  SOMMa e comunicadores científicos, cun foco no papel esencial das grandes infraestruturas internacionais, a cooperación e o intercambio fluído de información na solución aos grandes retos científicos e sociais do século  XXI

Trátase dun foro onde persoal investigador e directivo dos 57 centros españois con esta certificación de excelencia compartirán con xornalistas e profesionais da comunicación un espazo para reflexionar de maneira conxunta sobre a necesidade da cooperación internacional para o progreso científico e social da humanidade no século XXI.

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ( IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago (USC) e a Xunta de Galicia, e único centro con esta distinción nesta comunidade autónoma, exerce de institución anfitrioa na quinta edición da serie 100 xCiencia.

O congreso poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2021.