Ir o contido principal

Probas de selección

15ª promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia

04.06.2022 | 10.00h

Un total de 364 estudantes de toda Galicia nacidos en 2008, 2009 e 2010 participan este sábado 4 de xuño nas probas de selección de 30 estudantes da 15ª promoción do Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, forma parte do Proxecto ESTALMAT-España. FOTO: Santi Alvite
O Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, forma parte do Proxecto ESTALMAT-España. FOTO: Santi Alvite

Os participantes, 156 rapazas (42,86%) e 206 rapaces (56,59%) proceden na súa maioría das provincias da Coruña (206) e Pontevedra (111), seguidas das de Ourense (25) e de Lugo (21) e, tanto do ensino público (270) como do privado e concertado (94). Con este número de estudantes inscritos o Proxecto ESTALMAT-Galicia consolida a súa andaina dende 2007.

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, forma parte do Proxecto ESTALMAT-España, implantado en varias comunidades autónomas. Conta co aval científico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, tamén co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Galega da Innovación, nas diferentes edicións tamén contou ou conta co apoio das Deputacións da Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo, ademais da infraestrutura e apoio xeral achegados pola Universidade de Santiago de Compostela, dun xeito especial pola Facultade de Matemáticas. O proxecto está conectado tamén coas actividades da Olimpíada Matemática (Fase Galega e Española) e as actividades de divulgación da Asociación Galega de Profesores e Ensinantes de Matemáticas (AGAPEMA).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2022.