23.03.2022 | 19.00h
Evento organizado polo Grupo Histagra

O mércores 23 de marzo, a partir das 19 horas, a Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia acollerá a presentación do volume 1976, el año que vivimos peligrosamente, unha obra do historiador e responsable de Entidades de colaboración do CSIC, Enrique González de Andrés.
O acto será presentado por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e contará coa participación do autor e de Daniel Lanero Táboas, profesor titular de Historia Contemporánea da USC.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala e o evento poderá seguirse en liña a través de MS TEAMS.