Salón de Graos
Na sesión intervirán unha ducia de investigadores e investigadoras que darán conta, nun tempo máximo de seis minutos, das respectivas liñas de investigación a desenvolver nas súas teses de doutoramento

A segunda edición do 'Thesis Pitch' que impulsa o Instituto de Materiais da USC (iMATUS) desenvolverase este xoves, 20 de xullo, a partir das 9.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia. Na sesión, cuxa apertura correrá a cargo do profesor emérito da USC, José Rivas Rey, intervirán unha ducia de investigadores/as que darán conta, nun tempo máximo de seis minutos, das respectivas liñas de investigación a desenvolver nas súas teses de doutoramento. O xurado valorará a claridade e precisión da idea, a calidade da presentación e a capacidade de comunicación do estudante.