Organizado polo Camões – Centro Cultural Português en Vigo, coa colaboración e o apoio da Facultade de Filoloxía

O ciclo de leituras públicas '40 minutos com José Saramago', programa o xoves 24 de febreiro unha nova sesión na Facultade de Filoloxía.
Desta volta, o libro escollido para esta lectura-homenaxe ao autor será 'Viagem a Portugal'. O acto comezará ás 13.00 horas no Salón de Actos da facultade
As lecturas das primeiras páxinas de obras de Saramago terán lugar todos os xoves entre o 17 de febreiro e o 17 de marzo na mesma hora e lugar e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Trátase dunha iniciativa organizada polo Camões – Centro Cultural Português en Vigo, coa colaboración e o apoio da Facultade de Filoloxía da USC.