03.09.2025-05.09.2025

A Asociación de Estudos Ibéricos Contemporáneos desenvolve na USC, do 3 ao 5 de setembro, a edición número 46 da súa conferencia anual. Coordinado polo decano da Facultade de Filoloxía da USC e director da Rede Galabra, Elias J. Feijó Torres, o foro centrarase na comprensión das realidades e problemáticas socioculturais, económicas e políticas dos séculos XIX, XX e XXI, relacionadas principalmente con España e/ou Portugal, así como coas problemáticas e procesos transnacionais da Península Ibérica no contexto do mundo lusófono e hispánico.
O reitor Antonio López Díaz presidirá o acto inaugural este mércores 3 de setembro, a partir das 9.00 horas, na Facultade de Filoloxía da USC.
