Ir o contido principal

Exposición

50 anos cambiando a historia do cancro

28/09/2021 - 17.00 horas

Lugo
Vestíbulo inferior da Facultade de Veterinaria

Veterinaria inaugura este martes unha mostra conmemorativa do 50 aniversario da Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro (AECC) que amosa algúns dos avances rexistrados ao longo das últimas décadas fronte a esta enfermidade

Cartaz da mostra
Cartaz da mostra

A presidenta da xunta provincial luguesa da Asociación Española contra o Cancro (AECC), María Luz Abella García, inaugura este martes, ás 17.00 horas, no vestíbulo da Facultade de Veterinaria da USC, a mostra ’50 anos cambiando a historia do cancro’, conmemorativa do medio século de historia da creación da Fundación Científica da AECC.

O obxectivo desta exposición, que está estruturada en diversos paneis informativos, non é outro que o de facer visibles algúns dos avances impulsados desde a AECC que serviron de utilidade na loita contra esta patoloxía, desde a súa prevención ata o desenvolvemento de novos tratamentos máis eficaces.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; a vicerreitora de Organización Académica da USC, Celia Besteiro, e o decano da Facultade de Veterinaria, Gonzalo Fernández, acompañarán as representantes da Asociación Española Contra o Cancro na apertura dunha mostra de carácter itinerante e que durante as próximas xornada se poderá visitar na sede universitaria luguesa.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2021.