Ir o contido principal

Concerto

Abi Smeu-Sain

06.04.2022 | 20.30h

Santiago de Compostela
Paraninfo

Concerto do violinista Petre Abraham Smeu con acompañamento ao piano de Haruna Takebe

Concerto de Abi Smeu-Sain
Concerto de Abi Smeu-Sain

O Paraninfo da Universidade acollerá o mércores 6 de abril, ás 20.30 horas, un concerto do violinista Abi Smeu-Sain. No recital, o instrumentista compostelán interpretará a o movemento nº 5 'Chacona' da Partita II en re menor para violín solo, BWV 1004, de J.S. Bach; a Sonata nº 7 en do menor para piano e violín, op. 30, nº2, de Ludvig van Beethoven; a Sonata nº 5 en sol M para violín solo, op 27, de E. Ysaÿe; o Capricho nº 10 en sol menor para violín solo, op. 1; de N. Paganini; e o Capriccio -Valse en mi M para violín e piano, op. 7, de H. Wieniawski. 

 

Smeu contará co acompañamento ao piano de Haruna Takebe. 

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.03.2022.