Sala de Xuntas
A sesión, que comezará ás 19.30 horas, estará moderada pola profesora Ana López Beceiro e contará como relatores con Óscar Rivas, Catuxa Varela, Manuel Arzúa e Concha López

O proxecto Acción Terra, unha iniciativa estudantil nada no Campus Terra e coa que tamén colabora Adega e o centro lugués da Uned, aborda este martes, a partir das 19.30 horas, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo, a realidade e as problemáticas que afectan ou provocan as especies de fauna silvestre autóctona.
A profesora do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias Ana López Beceiro será a encargada de moderar este coloquio, no que intervirán como relatores o veterinario e especialista en fauna silvestre da Fundación Oso Pardo e da Asociación Galega de Custodia polo Territorio, Óscar Rivas; a bióloga do grupo de investigación da USC Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol), Catuxa Varela; o biólogo especializado en morcegos, Manuel Arzúa, e a catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en ensino secundario Concha López Lamas.