27.01.2022 | 10.30h-11.15h
Organizada pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC

O xoves 27 de xaneiro de 2022, entre as 10.30 e as 11.15 h, terá lugar una sesión informativa sobre o Programa Acelerador de Transferencia da USC. Será en formato en liña a través da plataforma Teams.
Promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, e financiado polo Banco Santander, o programa ten por obxectivo facilitar a transferencia de resultados de investigación, xerados polos grupos de investigación da universidade ao mercado.
Podes consultar o programa da sesión e tamén proceder á inscrición na ligazón que toparás baixo este texto.