
O Palacio de Congresos acolle este luns 28, ás 12.00 horas, o acto de graduación de Medicina, presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz. A sesión abrirase coas intervencións de Juan Suárez Quintanilla, Inés Sánchez Sellero e Ana Bermejo Barrera, padriño e madriñas da promoción. A seguir, e logo da entrega de regalos ao padriño é ás madriñas, será a quenda de Alba Fernández, Olalla Maceiras e Miguel Sequeiros, que intervirán en representación do estudantado.
Julián Álvarez, decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, pronunciará o seu discurso xusto antes da entrega de diplomas. A continuación, será a quenda de Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia. Finalmente darase lectura á Declaración de Xenebra e a intervención do reitor clausurará o acto.