22.01.2024 | 11.30h

O reitor Antonio López presidirá este luns, 22 de xaneiro, a partir das 11.30 horas o acto institucional co gallo da festividade de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade de Dereito, no que a lección maxistral correrá a cargo do presidente do Tribunal Constitucional, Cándido Conde-Pumpido Tourón, egresado deste centro. A lección maxistral versará sobre 'A nosa Constitución e o seu tribunal'.
Posteriormente recibirán un diploma en recoñecemento dos 25 anos de servizos prestados na Facultade de Dereito os profesores Juan José Nieto Montero e Javier Ferreira Fernández, actual xerente da USC.