28.06.2024 | 12.00h

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este venres 28 de xuño a partir das 12.00 horas o acto de clausura da IX edición do Proxecto Mentoring USC organizado pola Área de Orientación Laboral da USC, na que participaron 81 estudantes e 108 persoas colaboradoras e mentoras.
Preside o acto a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e nel intervirá unha persoa en representación do alumnado e outra en representación das persoas mentoras participantes na actual edición. Así mesmo interpretará unha peza musical a Agrupación de Cámara da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, composta por Gonzalo López (violín), Denís Iglesias (clarinete) e Noa Calvo (fagot).