Ir o contido principal

Acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres

06.03.2024 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

O acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo) vaise desenvolver o mércores 6 de marzo a partir das 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Estará presidido pola delegada do reitor para Igualdade, Marta Pérez Pereiro, quen estará acompañada pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez. Comezará coa lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIXEU) por parte da vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso.

A continuación terá lugar o recoñecemento á Unidade de Atención Psicolóxica pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC e a conferencia 'Muller e saúde mental' a cargo da dita Unidade. As confirmacións para asistir a este evento deben enviarse ata o 5 de marzo ás 14.00 horas ao correo electrónico oix [at] usc.gal (oix[at]usc[dot]gal). Tamén se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2024.