Ir o contido principal

Acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres

08.03.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela
Paraninfo

A lectura do manifesto 8 de Marzo da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria e a entrega da mención honorífica á Rede Armela centran o acto institucional na USC no Día Internacional das Mulleres

Acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres
Acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres

A USC súmase a ás reivindicacións do Día Internacional das Mulleres cun intenso programa  de actividades que xira arredor do acto institucional que se desenvolverá o propio 8 de marzo no Paraninfo da Universidade e que servirá de marco para dar lectura ao manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para  Excelencia Universitaria (RUIGEU), tamén recoñecerá a ‘ARMELA. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social’ pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na Universidade. O acto dará comezo ás 12.30 horas e poderá seguirse a través da canle de YouTube da USC.

O reitor da USC, Antonio López, presidirá o evento no tamén intervirán a delegada para a Igualdade Marta Pérez Pereiro, a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero da Secretaría Xeral da Igualdade, Patricia Fernández López, e a concelleira responsable das Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, Mercedes Rosón. 

Será o reitor quen faga entrega de placa coa  Mención Honorífica á ARMELA. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social que recollerá dona Alba Nogueira, coordinadora da REDE ARMELA. Tras recoller a distinción, a catedrática de Dereito Administrativo da USC pronunciará a conferencia 'Unha radiografía da igualdade na USC: avances e resistencias'

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2023.