Ir o contido principal

Acto conmemorativo da festividade de San Alberto Magno, patrón das Ciencias

15.11.2021 | 12.00h

Lugo
Salón de actos José Rodríguez Mourelo

O reitor da USC, Antonio López, preside este luns, ás 12.00 horas, o acto conmemorativo do patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas, no marco dunha sesión na que Ángeles Romero ofrecerá un relatorio sobre soberanía alimentaria e que concluirá coa entrega de premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe’

Facultade de Ciencias da USC
Facultade de Ciencias da USC

O reitor da USC, Antonio López, preside eset luns, a partir das 12.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo, da  Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC, a celebración da festividade de San Alberto Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas da USC, un acto de carácter rotatorio cuxa sede muda cada ano entre estas cinco facultades da USC.

Os decanos das facultades de Ciencias, Francisco Fraga; Química, Pilar Bermejo; Matemáticas, Elena Vázquez Cendón; Bioloxía, Teresa María Rodríguez, e Física, María Elena López, acompañarán ao reitor da USC nunha sesión académica que comezará co relatorio ‘Soberanía alimentaria e saúde. Retos e oportunidades’, a cargo da catedrática da USC na sede universitaria luguesa Ángeles Romero.

A entrega de premios da oitava edición do concurso fotográfico ‘A Ciencia en Imaxe’, un certame dotado con 500 euros en premios e promovido polas facultades da USC afectadas polo padroado de San Alberto Magno xunto coa Real Academia Galega de Ciencias, servirá de colofón desta celebración académica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2021.