Ir o contido principal

Acto conmemorativo da festividade de San Isidoro

26/04/2022 - 12.30 horas

Salón de Graos

A Facultade de Humanidades celebra este martes, ás 12.30 horas, un acto académico conmemorativo da festividade do patrón, no marco do que o guía Guido Álvarez ofrecerá o relatorio ‘Traballar no eido cultural en Lugo: o proxecto Guido Guía’

Facultade de Humanidades da USC
Facultade de Humanidades da USC

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo celebra este martes, a partir das 12.30 horas, no salón de graos do centro, un acto conmemorativo da festividade de San Isidoro, patrón das Humanidades, no marco do que o guía turístico lugués Guido Álvarez ofrecerá o relatorio ‘Traballar no eido cultural en Lugo: o proxecto Guido Guía’.

O decano da Facultade de Humanidades da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, será o encargado de abrir esta sesión académica, na que tamén intervirá a adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Elvira López Mosquera, ademais da alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez.

A sesión servirá asemade de marco para a entrega dos Premios Extraordinarios 2020-2021 do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural a Mariña Pena Blanco, así como do Máster en Servizos Culturais, unha distinción que recae en María José López Venancio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2022.