
O Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC celebrará o acto de fin de curso e de entrega dos Diplomas Sénior o venres 30 de maio coa participación de medio cento de estudantes. A cerimonia desenvolverase ás 11.30 horas no Salón García do Concello de Vilagarcía coa asistencia da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, e do alcalde da vila, Alberto Varela.
O acto contará ademais coa participación da directora do IV Ciclo da USC, a profesora Mª Esther Olveira Olveira, e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo.
En representación das promocións de Diplomados/as Senior intervirá o estudante Álvaro Ruibal Morell. Seguiranlle as madriñas e padriño das promocións do Campus de Santiago e da sede de Vilagarcía, de Ribeira e do Campus de Lugo, Dolores Barral Ribadulla, Ánxela Gracián e Francisco Javier López González, respectivamente.