Ir o contido principal

Acto de Fin de Curso do IV Ciclo Universitario Diploma Senior 2023

02.06.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, dará apertura ao acto académico

Salón Nobre do Colexio de Fonseca
Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O acto de fin de curso do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC, terá lugar o vindeiro 2 de xuño ás 12.00h no Salón Nobre de Fonseca. Desta volta, obteñen o Diploma Sénior dezanove estudantes do Campus de Santiago, doce do Campus de Lugo e dez da sede de Ribeira.

A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández dará apertura a este acto académico que contará coas intervencións de Mª Ángeles González González, representante das promocións de Diplomadas/os Sénior; de Laura Touriñán Morandeira, madriña da terceira promoción de Diplomadas/os Sénior do Campus de Santiago; Ana Cabana Iglesia, madriña da terceira promoción de Diplomadas/os Séniro do Campus de Lugo; e Anxo Rodríguez Lemos, padriño da primeira promoción de Diplomadas/os Sénior da sede do programa en Ribeira. Intervirán tamén Mª Esther Olveira Olveira, directora do IV Ciclo da USC, e Antón Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia. 

O acto contará ademais coa participación da Orquestra da Universidade e da Coral da Asociación de alumnos e alumnas do IV Ciclo do Campus de Lugo, que interpretará himno Gaudeamus Igitur.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2023.