Ir o contido principal

Acto de entrega de diplomas aos mellores expedientes de Formación Profesional de Galicia

10.06.2025 | 17.30h
O acto ten lugar no Auditorio de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite
O acto ten lugar no Auditorio de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite

Máis de 200 estudantes están convocados ao acto de entrega de diplomas aos mellores expedientes de Formación Profesional de Galicia. Trátase de estudantado que ademais de obter unha cualificación de sobresaínte, formalizou a súa inscrición na Proba de Acceso á Universidade. A sesión que estará presidida polo reitor Antonio López Díaz, contará coa participación de Dulce María García Mella, secretaria xeral da USC; María José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Internacionalización;  Francisco José Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo; María Teresa Flores Arias, delegada do reitor para o Ensino Medio; Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra; Miguel Fernández Méndez, alcalde do Concello de Lugo; e José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo.

A sesión que botará a andar ás 17.30 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria, contará tamén coas intervencións de Antonio Poceiro Couto, estudante do IES Frei Martín Sarmiento, en representación do estudantado; e de Carolina Varela Caamiña, directora do IES Lamas de Abade, en representación dos docentes. 

 


 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2025.