23.01.2024 | 12.00h

O acto de entrega do premio Valentín Paz Andrade, presidido polo reitor Antonio López, ten lugar este martes 23 ás 12.00 horas no Salón de Graos do Reitorado. José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia correspondente a 2023, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que viu a luz na Revista Galega de Economía.