Ir o contido principal

Acto de entrega dos premios ICARUS 2025

01.07.2025 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Facultade de Ciencias da Educación
Facultade de Ciencias da Educación

A entrega de premios do programa Icarus25 terá lugar o martes 1 de xullo ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur). Este programa é unha iniciativa da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC que ten por obxectivo estimular nos estudantes unha reflexión sobre a aplicación social e económica do coñecemento contido nos seus traballos de teses de doutoramento e Fin de Grao (TFG) e Máster (TFM).

No acto participarán o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Alberto Otero González; a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño; a directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez Cuervo; o director da Escola de Doutoramento Internacional da USC, Pablo Taboada Antelo; e a decana da Facultade de Ciencias da Educación, María del Mar Lorenzo Moledo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.07.2025.