Ir o contido principal

Acto de entrega do XVIII premio de Relato curto

10.12.2024 | 19.00h
Facultade de Filosofía
Facultade de Filosofía

A Asociación de Antigo Alumnado e Amizade da USC (Alumni USC) entrega este martes 10 o XVIII premio de Relato curto, patrocinado por Hm Rosaleda, que nesta ocasión recaeu en José M. Vez Jeremías co seu texto titulado Alalá de Carballo. A entrega será ás 19.00 horas na Facultade de Filosofía.

Na cerimonia, amenizada polo pianista Luis García Esmorís, participarán ademais do autor premiado o directivo de Alumni USC, Modesto Gómez; a secretaria do Xurado en funcións, Esther Gamallo; o presidente do xurado, Héctor Cajaraville, e Pablo Asensio en presentación de Hm Rosaleda.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2024.