Ir o contido principal

Acto de graduación da 12ª Promoción do grao en Administración e Dirección de Empresas e da 15ª Promoción do mestrado en Dirección de Empresas

A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e terá como padriño a Jacobo Feás Vázquez, profesor do centro

Facultade de ADE
Facultade de ADE

A promoción número doce do grao en Administración e Dirección de Empresas e a número quince do mestrado en Dirección de Empresas da USC no Campus de Lugo celebrarán o seu acto de graduación este venres 7, ás 16.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas. A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e terá como padriño a Jacobo Feás Vázquez, profesor do centro.

No acto tamén intervirán Roberto Bande Ramudo, decano da Facultade de ADE; David Portillo Otero e Nicolás Fernández Cabezas, representantes do estudantado; Salustiano Velo Sabín, decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo; Miguel Fernández Méndez, deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento; e Mauricio Vitorio Repetto Morbán, tenente de alcaldesa de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2024.