Ir o contido principal

Acto de graduación da 14ª Promoción do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

07.06.2024 | 19.00h

Actuará como padriño o profesor do centro, Antonio García Rojo

Escola Universitaria de Relacións Laborais
Escola Universitaria de Relacións Laborais

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo desenvolve este venres 7, ás 19.00 horas, no Salón de Actos da Escola, o acto académico de graduación da promoción número catorce do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Actuará como padriño o profesor do centro, Antonio García Rojo.

Farase entrega de diplomas e imposición de insignias aos novos/as titulados/as e realizarase o recoñecemento da Fundación Campus Universitario de Lugo e do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, ao mellor expediente académico da promoción anterior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2024.