Ir o contido principal

Acto de graduación da 1ª Promoción do grao en Empresa e Tecnoloxía

A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e terá como madriña a Carmen Lence, CEO do Grupo Lence

Facultade de ADE
Facultade de ADE

A primeira promoción do grao en Empresa e Tecnoloxía da USC no Campus de Lugo celebrará o seu acto de graduación este venres 7, ás 18.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas. A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e terá como madriña a Carmen Lence, CEO do Grupo Lence, que pronunciará a conferencia ‘O futuro está por crear e ti podes facelo’.

No acto tamén intervirán Roberto Bande Ramudo, decano da Facultade de ADE; Lucía López Ventura e Alejandra Fernández Ortega, representantes do estudantado; Salustiano Velo Sabín, decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo; Miguel Fernández Méndez, deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento; e Mauricio Vitorio Repetto Morbán, tenente de alcaldesa de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2024.