9/06/2023 - 18.00 horas
Salón de actos José Rodríguez Mourelo
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, presidirá o acto, no que participarán a decana de Ciencias, Asteria Luzardo, e representantes dos colexios profesionais, Concello de Lugo e Deputación Provincial

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC celebra este venres, a partir das 18.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo, o acto de graduación das décimas promocións dos graos en Nutrición Humana e Dietética e Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.