Ir o contido principal

Acto de graduación de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

04.07.2025 | 18.30h

Salón de Actos

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias acolle o 4 de xullo o acto de graduación da décimo primeira promoción do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, composta por 22 estudantes. A cerimonia presídea a partir das 18.00 horas o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López.

O acto contará coa participación da decana da Facultade de Ciencias, Asteria María Luzardo Álvarez; do alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez; do decano do Colexio Oficial de Graduados/a en Enxeñaría da Rama Industrial e Enxeñeiros/as Técnicos/as, Jorge Rivera Gómez; e do secretario territorial da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alejandro Fontela Pereira.

En representación do estudantado intervirán Lucía Gómez Fernández e Antonio Menán Quiñoá, que farán entrega dun agasallo ao padriño da promoción, o profesor do Departamento de Enxeñaría Química Jorge González Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2025.