Ir o contido principal

Acto de graduación das enxeñarías agroforestais e civil na EPS de Enxeñaría

15/07/2023 - 17.00 horas

O vicerreitor Francisco Fraga presidirá o acto académico que se celebrará no centro universitario lugués

EPS de Enxeñaría da USC
EPS de Enxeñaría da USC

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acolle este sábado, a partir das 17.00 horas, o acto de graduación do alumnado da promoción 2019-2013 das enxeñarías agrofestais e civil e impartidas no centro universitario lugués. O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, presidirá a cerimonia académica, no marco dunha sesión na que tamén intervirán a directora da EPSE, Rosa Romero; o concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Jorge Bustos; o deputado provincial da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, así como o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez Marey, e o tesoureiro do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia, José Manuel Piñeiro García.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2023.