Ir o contido principal

Acto de graduación de estudantes do grao en Óptica e Optometría da promoción 2020-2024

07.06.2024 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

A sesión estará presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e actúan como padriños Carlos García Resúa e José Manuel Abalo Lojo

Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

A promoción 2020-2024 do grao en Óptica e Optometría da USC celebra o seu acto de graduación este venres 7 a partir das 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A sesión estará presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e actúan como padriños Carlos García Resúa e José Manuel Abalo Lojo.

Asistirán tamén a este acto a decana da Facultade de Óptica e Optometría, María Jesús Giráldez Fernández; o director de Atención Hospitalaria da Área Sanitaria de Santiago, Luís González Taboada; a presidenta do Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia, María Esther Amaro Quireza, e a decana da Facultade de Farmacia, Reyes Laguna Francia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2024.