Ir o contido principal

Acto de graduación dos graos da Facultade de Filoloxía

21.06.2025 | 18.30h

Auditorio de Galicia

A cerimonia terá lugar no Auditorio de Galicia
A cerimonia terá lugar no Auditorio de Galicia

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, será quen presida o 21 de xuño a graduación dos graos que se imparten na Facultade de Filoloxía. A cerimonia, na que tamén intervirá o decano do centro, Elias J. Feijó Torres, terá lugar ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia.

Neste acto, Dolores Vilavedra Fernández actuará como madriña do Grao en Lingua e Literatura Galegas, Laura Lojo Rodríguez e Jorge Sacido Romero como madriña e padriño do grao en Lingua e Literatura Inglesas e María do Mar Campos Souto fará o propio co grao en Lingua e Literatura Españolas. Pola súa banda, no Grao en Linguas e Literaturas Modernas son padriños e madriñas de promoción Benedict Buono na mención en Lingua e Literatura Italianas, Isabel Morán Cabanas en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas, Jaime Feijoo Fernández en alemás e Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy en francesas.

Cada un dos graos contará ademais coa intervención do estudantado. Así, no grao en Lingua e Literatura Galegas tomarán a palabra Martín Gómez Souto e Noela Rivas Cantelar; no de Lingua e Literatura Inglesas Gonzalo Marcelo Paulina; no de Linguas e Literaturas Modernas Yasmine Sahb El Khataouat El Wardi, Yousra Houdda El Bazi e Joaquim Andrade Penabad; e no grao en Lingua e Literatura Españolas María Crespo Cutrín e Gonzalo Valiñas Baños.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2025.