Ir o contido principal

Acto de graduación da III promoción do grao en Biotecnoloxía

08.06.2024 | 18.30h

Pazo Vista Alegre
Ponte Ulla (Vedra)

A terceira promoción do grao en Biotecnoloxía da USC celebra o seu acto de graduación este sábado 8 a partir das 18.30 horas no Pazo Vista Alegre na Ponte Ulla (Vedra).

O vicedecano da Facultade de Bioloxía, Francisco Javier Salgado Castro, será quen abra a cerimonia para, deseguido, intervir a madriña e o padriño da promoción, M.ª del Pilar Calo Mata e Carlos Rodríguez Osorio.

Tras a entrega das distincións aos novos e novas graduadas, que tamén intervirán no acto, haberá unha proxección e o peche por parte do profesor Salgado Castro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2024.