A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga

O Auditorio da Facultade de Veterinaria acolle este sábado 13 de xullo o acto de graduación da súa promoción de grao 2019-2024. O acto que estará presidido polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, contará coa participación do decano do centro, Gonzalo Fernández Rodríguez; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades; Ana González Abelleira, tenente de alcaldesa de Cohesión Territorial e Social; Miguel Fernández Méndez, deputado da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento; e María Magariños Cantero, vicesecretaria do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra. O acto comezará ás 11.00 horas.