
Este sábado 22 de xuño a partir das 17.00 horas terá lugar no Auditorio de Galicia o acto de graduación da promoción 2023/24 do grao en Educación Social. O acto estará presidido polo vicerreitor de Profesorado Ernesto González Seoane.
Ao comezo do acto intervirán a madriña e padriño da promoción, Aixa Permuy Martínez e Igor Mella Núñez, respectivamente. A continuación terá lugar a entrega de diplomas e bandas, coa colaboración da coordinadora do Grao en Educación Social, Silvana Longueira Matos.
A cerimonia proseguirá coa intervención das e dos estudantes Lara Casas Sánchez, Martina Mato Alende, Elena Travieso Varela, Raúl Casal Martínez, Aitana Castrillón Fernández e Álex Rey Álvarez. Haberá tamén a interpretación dunha peza musical a cargo de Alba Pesqueira Miñán, Iria Conde Franco, Ángela Daniela Abreu Costa e Carla Fandiño Esperón.
Xa logo do visionado dun vídeo da promoción, intervirá a decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo Moledo.