Ir o contido principal

Acto de graduación da promoción 2023/24 do grao en Mestre/a de Educación Primaria

15.06.2024 | 17.30h

Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

Auditorio de Galicia
Auditorio de Galicia

Este sábado 15 de xuño terá lugar no Auditorio de Galicia a partir das 17.30 horas a graduación da promoción 2023/24 do grao en Mestre/a de Educación Primaria que se imparte na Facultade de Ciencias da Educación. O acto será presidido pola vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; en representación da Facultade, asistirá a decana, Mar Lorenzo Moledo.

Intervirán así mesmo as madriñas da promoción, as profesoras da Facultade Vanessa Blanco Seoane e Cristina Núñez García; e o profesor de honra da promoción, Gonzalo Castiñeira Veiga, e a profesora de honra da promoción Iris Estévez Blanco. Por parte do estudantado intervirán Pablo del Río e Paula Piñeiro, e tamén estudantes que interpretarán unha peza musical. Pecharán o acto Mar Lorenzo Moledo e María José López Couso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2024.