Ir o contido principal

Acto de graduación das promocións dos graos de enxeñarías agroforestais na EPSE

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, presidirá a sesión académica de imposición de bandas e entrega de agasallos aos 50 novos enxeñeiros formados no centro universitario lugués

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, presidirá tamén, a partir das 17.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, a cerimonia de graduación das últimas promocións de graduados en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, así como do dobre grao en Enxeñaría Agrícola e Alimentaira e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.

A directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero Franco; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez Marey; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña e Pontevedra, Rafael J. Muíños Moreno, e a xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, Patricia González Pereiró, tamén intervirán como relatores nesta cerimonia académica, a través da que se achega ao mercado laboral medio centenar de titulados en enxeñarías agroforestais.

Os estudantes Nicolás Fernández Blanco, Adrián Cidre González, Ainoa Míguez González, así como os profesores escollidos para apadriñar esta nova promoción de enxeñeiros e enxeñeiras, Ibán Vázquez González, María Josefa Lombardero Díaz, José Manuel Pereira e César Pérez Cruzado, completan a quenda de intervencións no acto de imposición de bandas e entrega de agasallos.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.07.2022.