Ir o contido principal

Acto de graduación da undécima promoción do grao en Nutrición humana e dietética

21.06.2024 | 18.00h

Lugo
Salón de Actos

María Lourdes Vázquez Odériz e Carolina Graciela Nebot García actuarán como madriñas

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López, preside este venres 21, ás 18.00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Campus Terra, o acto de graduación da undécima promoción do grao en Nutrición humana e dietética da USC. A sesión contará coas intervencións de Cristina Bertólez Oliveros e Lucía López Blanco, en representación do estudantado. María Lourdes Vázquez Odériz e Carolina Graciela Nebot García actuarán como madriñas.

No acto tamén participan a decana Asteria María Luzardo Álvarez; Uxía Rodríguez Lavandeira, presidenta do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia; Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación Provincial de Lugo; e Ángeles Novo Martínez, concelleira de Muller Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo. A secretaria da Facultade de Ciencias da USC, Patricia Regal López, fará o  chamamento para a entrega de diplomas e imposición de bandas de graduación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2024.