08.06.2024 | 16.00h
A sesión estará presidida pola vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo.

A décimo segunda promoción do grao en Bioloxía da USC celebra o seu acto de graduación este sábado 8 a partir das 16.00 horas na Facultade de Bioloxía. A sesión estará presidida pola vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo.
Na cerimonia intervirá ademais unha representación do estudantado que se gradúa; a madriña e o padriño da promoción, Eva Mª Candal Suárez.e Manuel Lemos Ramos; o decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), José Antonio Fernández Bouzas, e a vicedecana da Facultade, Otilia Reyes Ferreira.